lunes, 29 de enero de 2018

CRONICA

Ruta da Seimeira

Este ano 2018 Paso Miúdo celebra o seu X aniversario, para conmemorar dita celebración realizaranse as rutas máis fermosas destes anos.

Partimos con algúns cambios o primeiro é o da xunta directiva (totalmente renovada) e o segundo é o lugar de saída que agora será dende Burela.

A primeira ruta é a Ruta da Seimeira en Santa Eulalia de Oscos.

Saímos entón de Burela as oito da mañá cara o noso destino. Aparcamos xusto no mesmo centro do pobo nunha praza q ten unha escultura moi peculiar(unha vaca nunha moto con sidecar no cal te podías sacar unha foto con tal motorista e así fixemos).

A ruta saímos do mesmo centro pasando por grupos de casas e de restauración totalmente integrados na paisaxe. Alí atopamos dous compañeiros mais de andaina,uns cans que se uniron a nós( vese q estaban afeitos a facer a ruta).Cando nos adentramos no camiño e deixamos o asfalto a cousa cambiou. Parecía que estábamos nun conto de fadas , tal era a súa fermosura. Chan cheo de follas,árbores cheas de musgo e líquenes, o río o noso carón. Pasamos un merendeiro e seguimos camiño para rematar nunha fervenza impresionante a cal parecía que nos estaba chamando porque se oía dende moi lonxe. Tivemos a gran sorte de vela na súa plenitude nos dixeron máis tarde no pobo. A volta aínda que foi polo mesmo camiño non defraudou nada porque era un camiño moi fermoso e sinxelo de andar.

Con razón esta tiña que estar nas rutas máis bonitas. Este ano fai cinco que eu estou con Paso Miúdo e para min foi a ruta máis fermosa.

Polo camiño lembramos a varias persoas que eran habituais nas rutas e que este ano xa non van vir andar con nós. Ó final rematamos coma sempre cunha comida que en Asturias nunca defrauda.

Vémonos na seguinte en Espasante

Saúdos

Vanessa Pigueiras Soto

Powered by Wikiloc